A LUZ RESUCITADA. Proxecto expositivo, editorial e audiovisual.
Manuel María é un poeta da súa terra e, máis alá, un home que se entrega en corpo e alma á natureza interpelando á paisaxe con todas as súas dúbidas, angustias e esperanzas. Como así ocorre noutras artes, estas vivencias, transfórmanse nunha forma íntima e persoal de experiencia e nunha vocación de comunicala a través da imaxe e a palabra. A súa voz poética é unhas veces descritiva e imaxinativa, outras sinxela e sentida, e a nosa inevitable vinculación coa paisaxe e a natureza, ha de facernos sentir cómplices e próximos.
A Luz Resucitada é un proxecto que busca conxuntar as linguaxes poética, fotográfica, musical e cinematográfica para achegar ao gran público a palabra poética de Manuel María e a sua vinculación cos valores naturais, paisaxísticos e identitarios da terra, a experiencia dun home fronte á beleza, misterio e transcendencia da súa terra e a súa paisaxe. Un proxecto onde o espectador poida reencontrarse ca natureza e a palabra do poeta chairego, aspectos tan nosos como tan universais.
Exposición. 37 fotografías 50x70 cm cor e branco e negro. 42 cartelas de texto.
Libro. Formato: 24x28 cm. 100 páxinas. Fotografías: 42 imaxes cor e branco e negro. Textos: Versos de Manuel María. Prólogo de PilarPallarés. Textos introdutorios de Alberte Ansede e Manuel Lemos.
A LUZ RESUCITADA. Curtametraxe 16’. Univision 2:1
EQUIPO TÉCNICO E ARTÍSTICO
Imaxes: Manuel Lemos
Textos: Manuel María. Pilar Pallarés e Alfonso Blanco
Narracción: Eva Veiga e Santiago Fernández
Música: Rogelio Groba Groba
Dirección mUsical: Rogelio Groba Otero
Cámaras e fotografía: Alvaro Díaz
Guión e dirección: Manuel Lemos
Produción: Alvaro Díaz
COLABORAN
Deputación da Coruña
Fundación Manuel María de Estudos Galegos
Fundación Rogelio Groba
©2026

