A LUZ RESUCITADA

A LUZ RESUCITADA

Un achegamento imaxinario ao poeta Manuel María

NACEMENTO
NACEMENTO
TRÁNSITO
TRÁNSITO
MORTE
MORTE
RESURRECCIÓN
RESURRECCIÓN

A LUZ RESUCITADA. Proxecto expositivo, editorial e audiovisual.

Manuel María é un poeta da súa terra e, máis alá, un home que se entrega en corpo e alma á natureza interpelando á paisaxe con todas as súas dúbidas, angustias e esperanzas. Como así ocorre noutras artes, estas vivencias, transfórmanse nunha forma íntima e persoal de experiencia e nunha vocación de comunicala a través da imaxe e a palabra. A súa voz poética é unhas veces descritiva e imaxinativa, outras sinxela e sentida, e a nosa inevitable vinculación coa paisaxe e a natureza, ha de facernos sentir cómplices e próximos. 

A Luz Resucitada é un proxecto que busca conxuntar as linguaxes poética, fotográfica, musical e cinematográfica para achegar ao gran público a palabra poética de Manuel María e a sua vinculación cos valores naturais, paisaxísticos e identitarios da terra, a experiencia dun home fronte á beleza, misterio e transcendencia da súa terra e a súa paisaxe. Un proxecto onde o espectador poida reencontrarse ca natureza e a palabra do poeta chairego, aspectos tan nosos como tan universais. 

Exposición. 37 fotografías 50x70 cm cor e branco e negro. 42 cartelas de texto.

Libro. Formato: 24x28 cm. 100 páxinas. Fotografías: 42 imaxes cor e branco e negro. Textos: Versos de Manuel María. Prólogo de PilarPallarés. Textos introdutorios de Alberte Ansede e Manuel Lemos.

A LUZ RESUCITADA. Curtametraxe 16’. Univision 2:1

EQUIPO TÉCNICO E ARTÍSTICO

Imaxes: Manuel Lemos

Textos: Manuel María. Pilar Pallarés e Alfonso Blanco

Narracción: Eva Veiga e Santiago Fernández

Música: Rogelio Groba Groba

Dirección mUsical: Rogelio Groba Otero

Cámaras e fotografía: Alvaro Díaz

Guión e dirección: Manuel Lemos

Produción: Alvaro Díaz


COLABORAN

Deputación da Coruña

Fundación Manuel María de Estudos Galegos

Fundación Rogelio Groba


©2026

Image and Comunication. Photo Art