Ecos

"Escena de piñeiros danzantes e vermellas acículas nunha húmida mañá de outono" Kodak Radiance. 70 x100 cm      

Ecos é unha recreación fotográfica sobre a dinámica entre natureza e paisaxe e un desexo de achegar ao gran público lugares naturais e momentos especiais da paisaxe de Galicia. Por medio dun percorrido en imaxes, o observador participa dunha experiencia visual rica en detalles para descubrir lugares, intimidades dunha natureza virxe, enmarcada nunha paisaxe illada e evocadora. As imaxes acompáñanse de textos alusivos á experiencia vivida e recreada. As fotografías realizáronse sobre película diapositiva en cor de medio e gran formato e as ampliacións fotográficas destinadas a exposición son copias manuais e directas seguindo os procesos químicos tradicionais que respectan con fidelidade os orixinais e positivadas sobre soporte cromogénico da máxima calidade e perdurabilidad.

Imaxe e Comunicación. FotoArte