Exposición fotográfica. Libro. Audiovisual.
Manuel María é un poeta da súa terra e, máis alá, un home que se entrega en corpo e alma á natureza interpelando á paisaxe con todas as súas dúbidas, angustias e esperanzas. Como así ocorre noutras artes, estas vivencias, transfórmanse nunha forma íntima e persoal de experiencia e nunha vocación de comunicala a través da imaxe e a palabra. A súa voz poética é unhas veces descritiva e imaxinativa, outras sinxela e sentida, e a nosa inevitable vinculación coa paisaxe e a natureza, ha de facernos sentir cómplices e próximos.
A Luz Resucitada é un proxecto que busca conxuntar as linguaxes poética, fotográfica, musical e cinematográfica para achegar ao gran público a palabra poética de Manuel María e a sua vinculación cos valores naturais, paisaxísticos e identitarios da terra, a experiencia dun home fronte á beleza, misterio e transcendencia da súa terra e a súa paisaxe. Un proxecto onde o espectador poida reencontrarse ca natureza e a palabra do poeta chairego, aspectos tan nosos como tan universais.