Torre de Hércules. Espazo Natural.

A Torre de Hércules, faro milenario emblema da cidade da Coruña e Patrimonio da Humanidade desde o ano 2009, atópase situado no extremo norte da cidade, nun lugar estratéxico e aberto ao mar. Ademais do seu innegable valor histórico e monumental, o lugar reúne unha serie de valores naturais e paisaxísticos que merece a pena promover e conservar. 

Torre de Hércules, espazo natural, é un proxecto creado co fin de enxalzar e divulgar os valores naturais e paisaxísticos deste parque e sensibilizar a cidadáns e institucións da necesidade dun mellor mantemento e conservación destes valores. En suma, poñer en valor este emblemático lugar como modelo de espazo natural, algo do que podamos compartir e sentirnos orgullosos todos os coruñeses. Un parque urbano como exemplo de equilibrio entre natureza e convivencia. 

O emblemático monumento acolló no seu interior a exposición inaugural, con fotografías de gran parte das aves mas representativas da contorna, exportas en panes fotográficos con información multilingüe.

Aves
Aves
Flora
Flora
Insectos
Insectos
Imaxe e Comunicación. FotoArte