Naturezas é procura e aproximación. Procura de o esencial ou dun momento efémero: observación e recreación. Unha aproximación a un mundo de formas, texturas, luces e cores presentes no medio natural. É unha mirada detida nas intimidades da paisaxe, ás veces un illamento do formal. Mediante a linguaxe da cor e as formas fotográficas a natureza móstrase bela e recollida. Impresións íntimas de elementos naturais que se moven entre o mundo real e o fantástico. É tamén unha recreación do home que observa e entrégase ao ritmo da natureza e a todas as súas manifestacións máis profundas e sorprendentes