es en

Courel 4 Estacións

Naqueles primeiros anos en que se espertou en min un interese crecente e unha ávida curiosidade por descubrir e fotografar a alma da miña terra, as súas paisaxes e as súas xentes, a Serra do Courel foi un dos meus primeiros obxectivos e, desde aquela primeira vez que fué un breve e tímido achegamento, as miñas visitas foron continuas todos os anos sen excepción e nalgúns destes anos as visitas repetíronse no transcurso das distintas estacións. Porque hai algo de máxico neste lugar que che cativa de inmediato. Poida que en parte teña algo que ver a súa particular orografía escarpada que lle dá unha presenza monumental, a súa rica e variada flora, o espectáculo dos seus despregamentos cromáticos na primavera ou no outono, a integración dos seus pobos na paisaxe, as súas xentes, as súas luces, os seus sons, os seus silencios… Volver ao Courel é volver abrazar un amigo, que de novo sorpréndeche e descóbreche novas cousas, que che fai pensar o grande e inabarcable que é a natureza e que che regala para o teu regreso belas imaxes para compartir.
MANUEL LEMOS  FOTOGRAFÍA. - Fotografía. Deseño. Audiovisual.
entrar (Galego)
Imaxe e Comunicación. FotoArte