KEVINvsRAY

Kevin vs Ray é unha longametraxe documental escrita e dirixido por Eduardo Ferreiro e Manuel Lemos e coa produción de Grupo Control Z. A película percorre a traxectoria vital e artística de Kevin Raymond Weatherill, líder fundador da banda británica Immaculate Fools, coa que, nos anos 80 e 90 do século pasado, cultivou un enorme éxito en España, ademais doutros países como Alemaña, Francia ou Italia . Tras dúas décadas reconvertido en Dirty Ray, un trobador de distancia curta herdeiro do blues máis primitivo, Weatherill decidiu instalarse en Galicia, a súa particular terra prometida onde sempre foi especialmente acollido, e desde onde capitanea unha formación renovada daquel grupo co que marcou unha época.


Segundo teaser do documental realizado na fase de preprodución.

Kevin escolleu Galicia. Na foto, na súa casa de Cambados en compañía de Steve, un membro máis da familia.

Primeiro teaser do documental realizado na fase de preprodución.

 Xacobe, Eduardo e o noso protagonista nun momento da rodaxe en Guitiriz, un dos lugares emblemáticos da nosa historia.

Xuntos trinta anos despois. Andy Ross, guitarrista fundador de Immaculate Fools, veu a traballar de novo con Kevin. Na foto, os dous músicos con Eduardo Ferreiro, codirector e coguionista de "Kevin vs Ray".

Imaxe e Comunicación. FotoArte