Son árbore

 

 

 

Son árbore porque a terra suxéitame e desde as miñas raíces móvome lento e sosegado, como nos límites do tempo. Distante na miña xeometría inabarcable, tan próximo no acubillo e a sombra. Son árbore porque espero o sol de primavera e a choiva dos días cálidos; que me envolva a néboa do outono e unhas mans firmes íspanme. Porque durmo as noites e invernías e soño con voar máis alto. Son árbore porque callo e escoito o vento coas follas, e os paxaros que me habitan. Son árbore porque che espero firme e pleno e, coa túa mirada, poder recortarme no azul e tocar as nubes. 

MANUEL LEMOS  FOTOGRAFÍA. - Fotografía. Deseño. Audiovisual.
entrar (Galego)
Imaxe e Comunicación. FotoArte